O Imaxina Sons achega a música de jazz aos usuarios de Vitrasa ata o día 6 de xullo

venres, 27 xuñ 2008

A posta en marcha da iniciativa "Jazz no Vitrasa" é unha das novidades que presenta a edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons deste ano, segundo anunciou este venres o concelleiro de Cultura, Xesus López. Así, diversas liñas do transporte público de Vigo, durante todos os días que dure o festival e ás 12.30 horas, serán o escenario ao que se subirán os pasarrúas para tocar a súa música e facilitar que os viaxeiros do bus urbano poidan gozar da música .

Bob Dylan chega a Vigo o 27 de xuño para presentar o último disco e consolidar á cidade como referente de concertos

xoves, 26 xuñ 2008

"Resulta moi importante para a cidade non perder a gran estela que nos deixou o concerto de Lenny Kravitz no Instituto Feiral de Vigo", salientou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, ao respecto do concerto que Bob Dylan ofrecerá o vindeiro 27 de xuño no recinto do IFEVI. Co obxectivo de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento haberá a disposición do público dúas lanzadeiras, que sairán do Areal e da Praza Eugenio Fadrique.

A cuarta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons comeza coa celebración do 25 aniversario de Clunia

xoves, 26 xuñ 2008

A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz marcará esta noite o inicio da cuarta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008, ás 22 horas no Centro Cultural Caixanova, segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. "De novo o jazz de calidade volve a Vigo", subliñou o edil quen sinalou que o festival desenvolverá diversas actividades paralelas, como a exposición de fotografías que pode contemplarse no Café La Galería, que quere ser unha homenaxe ao Manteca Jazz e onde se recollen imaxes de anteriores edicións do Imaxina Sons.

Estopa presenta o sábado en Vigo o seu disco Allenrok

mércores, 25 xuñ 2008

O IFEVI acolle este sábado, día 28, a partir das 22.30 horas, o concerto de Estopa no que presentará o seu quinto e derradeiro disco Allenrok, do que xa levan vendido máis de 200.000 copias e que ven de presentar en rolda de prensa o concelleiro de Cultura, Xesus López.

Tenencia de Alcaldía habilita un servizo gratuíto de autobuses para asistir ao concerto que Bob Dylan ofrecerá o venres no IFEVI

mércores, 25 xuñ 2008

Co obxectivo de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento, Tenencia de Alcaldía vén de habilitar un servizo gratuíto de autobuses para desplazarse ao concerto que Bob Dylan ofrecerá o venres, 27 de xuño, no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi). Segundo explicou o tenente de alcalde Santi Domínguez, haberá a disposición do público dúas lanzadeiras, que sairán do Areal e da Praza Eugenio Fadrique.

O Festival de Jazz Imaxina Sons volve a Vigo do 26 de xuño ao 6 de xullo

mércores, 25 xuñ 2008

A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz é un dos pratos fortes que este ano presenta o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008 que se desenvolverá en defierentes espazos da cidade e desenvolverá diversas actividades paralelas, do 26 de xuño ao 6 de xullo. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesús López o "Imaxina Sons xa é un festival de obrigada referenza no panorama musical europeo que non só dedica especial atencións as propostas europeas, senón tamén as galegas".

Imaxina Sons converte a Vigo na capital do jazz europeo de vangarda durante dúas semanas

luns, 23 xuñ 2008

A partir do día 26, onde está prevista a actuación de CLUNIA JAZZ no concerto do seu 25 aniversario, a cidade de Vigo contará cun amplo e variado repertorio de actividades en torno a un estilo musical, o jazz, que vive en perpetua evolución. Boa proba diso é a coincidencia de numerosos artistas galegos nesta edición, seguindo na distancia a estela dun grupo, Clunia Jazz, que abriu o camiño a comezos dos ’80.

A actuación da "Jazz Ensemble" da Escola de Música de A Coruña pecha o ciclo de "imaxina na rúa" do Festival Imaxina Sons'08

venres, 20 xuñ 2008

A actuación do "Jazz Ensemble" poñerá fin o vindeiro sábado 21 de Xuño á sección "Imaxina na Rúa" do festival Imaxina Sons ’08. A formación actuará ás 11:30 h , no Calvario (rúa peonil fronte ao mercado; as 13:30 h. na Pza. da Independencia; ás 17:30 h. na rúa do Príncipe (fronte ao MARCO) e ás 19:30 h. na rúa Montero Ríos