Máis de 1.600 persoas participarán o 14 de xuño no Día da Muiñeira que se celebrará na Praza de Compostela

venres, 6 xuñ 2008

O Día da Muiñeira, que este ano cumpre a súa 38 edición e se celebrará o 14 de xuño xunto ao Ensalzamento do Traxe Galego, contará coa participación de máis de 1.600 persoas, segundo anunciou este venres o concelleiro de Cultura, o Xesus López. A convocatoria deste ano presenta tamén como novidade o cambio de ubicación, xa que a concentración terá lugar ás 18 horas na praza do Rei e o festival celebrarase na Praza de Compostela.

Xornada de comunicación audiovisual "Ponte...nas Ondas" no Verbum

xoves, 5 xuñ 2008

O venres 6 de xuño terá lugar no museo Verbum - Casa das Palabras a XIV edición da xornada de comunicación audiovisual "Ponte...nas Ondas" e da VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.Tambén haberá un concerto, ao aire libre, de Luar na Lubre (Galicia), Vozes da Rádio (Portugal) e Socorro Lira (Brasil.

Xa están a venda as entradas para o concerto de Estopa e nos vindeiros días sairán á venda as de Pereza<br />

mércores, 4 xuñ 2008

As entradas para o concerto que ofrecerá Estopa en Vigo o 28 de xuño ás 22 horas xa están a venda, mentres que nos vindeiros días tamén sairán a venda as entradas para o concerto de Pereza, que actuará en Vigo o 4 de xullo, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López. En ámbolos dous casos os concertos terán lugar no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), e as entradas póñense á venda a través de Caixanova, no teléfono 902.504.500 e na web ww.caixanova.es,<br />

<br /> Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura poñen en marcha "O espello da memoria" para revitalizar o Arquivo Pacheco

mércores, 4 xuñ 2008

Amosar á cidadanía unha parte notable do seu patrimonio fotográfico, proxectando cara ao exterior o Arquivo Pacheco é un dos obxectivos fundamentais do proxecto "O espello da memoria" inaugurado este martes polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López. A iniciativa, da que hoxe foi inaugurado o primeiro panel na Praza da Princesa, consta de trinta monolitos integrados por unha fotografía realizada por Prósperi ou Pacheco e un texto explicativo en galego, castelán e inglés. <br />

Lenny Kravitz presentará o xoves no IFEVI un espectáculo de 300.000 watios de luz e 120.000 watios de son

mércores, 28 mai 2008

"Unha nova era comeza mañá na cidade co gran espectáculo que ofrecerá Lenny Kravitz no Instituto Feiral de Vigo", salientou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación do concerto do artista estadounidense, na que tamén participaron o representante da promotora que trae a Vigo a Lenny Kravitz e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias. Na montaxe do concerto, que comezará mañá ás 22 horas, participan arredor de 130 persoas, e conta cunhas cifras técnicas que fan del "un gran espectáculo": 300.000 watios de luz, 120.000 watios de son, un escenario de 18x14 metros con alas para colocar monitores de 4x4 metros, e cañóns de 8 metros de altura. Todo o material suma un total de 18 toneladas, que é transportado en 6 trailers de 16,5 metros e unha autocaravana de 14 metros para o grupo.