Escoitar

Venda das entradas para o concerto Carlos Baute e Marta Sánchez a un prezo de 18 euros

Desde o venres 26 de xuño xa se poden mercar as entradas para asistir ao concerto que Carlos Baute e Marta Sánchez ofrecerán no peirado de Trasatlánticos o día 4 de agosto ás 22.30 horas. En total poranse 8.000 localidades á venda e o seu prezo para a súa venda anticipada é de 18 euros, mentres que na taquilla será de 20 euros.

venres, 26 xuñ 2009
O luns, 29 de xuño, sairán á venda as entradas para os concertos de Keane e de Leonard Cohen, que terán lugar no auditorio de Castrelos o 17 de xullo e o 13 de agosto respectivamente. No tocante á actuación de Keane, o número de entradas que se porán á venda é de 4.000, e o prezo da venda anticipada é de 10 euros e de 12 euros en taquilla. Pola súa banda, para á actuación de Leonard Cohen poranse á venda 1.700 entradas, xa que será con cadeiras.O seu prezo mercadas anticipadamente é de 18 euros e de 20 euros na taquilla.

O seguinte luns, 6 de xullo, poranse á venda as entradas para os concertos de La Oreja de Van Gogh, Fuxan os Ventos e Ainhoa Arteta, que tamén terán lugar no auditorio de Castrelos os días 29 de xullo, 12 de agosto e 14 de agosto, respectivamente. Nos tres casos, o prezo da venda anticipada das entradas é de 10 euros e de 12 euros se se mercan na taquilla. Para o concerto de La Oreja sairán á venda 4.000 entradas, mentres que para os de Fuxan os Ventos e Ainhoa Arteta o número de entradas será de 1.700 para cada un de les, en cadeira.