Entrega de bolsas por valor de 20.000 euros a alumnos da Escola Oficial de Idiomas para estudar no estranxeiro<br />
Abel Caballero acudiu este xoves á Escola Oficial de Idiomas onde fixo entrega aos 16 mellores expedientes da entidade de sendas bolsas económicas para estudar un mes no estranxeiro e perfecionar así a lingua. O total do apoio municipal á EOI ascende a 20.000 euros, sendo este ano a primeira vez que establécese esta colaboración entre o Concello e a Escola.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo hoxe xoves entrega simbólica das bolsas municipais concecidas aos 16 mellores estudantes da Escola Oficial de Idiomas para que melloren o dominio da lingua estranxeira durante un mes.
Esta é a primeira vez que o Concello de Vigo colabora coa Escola Oficial de Idiomas viguesa con achegas que permiten aos estudantes ampliar coñecementos no estranxeiro, un investimento que este ano acadou os 20.000 euros en total.
A elección dos mellores expedientes académicos levouna a cabo a propia Escola Oficial de Idiomas no curso que remata actualmente, quen decidiu distinguir a 12 estudantes de inglés e 4 de francés.