Escoitar

Isaura Abelairas subliña o investimento de 1,1 millóns de euros en 2009 na construción de novas beirarrúas no rural

A concelleira de Vías e Obras e Servizos Xerais, Isaura Abelairas, explicou hoxe mércores que, ao longo deste 2009, o seu departamento terá construidas unha veintena de novas beirarrúas en estradas do rural vigués. O investimento supera os 1,1 millóns de euros e as actuacións benefician a 14 parroquias da cidade. En mellora do abastecemento, os investimentos acadan os 780.000 euros, segundo indicou a edil.

mércores, 24 xuñ 2009
1245847781isaura.jpg
A concelleira de Vías e Obras e Servizos Xerais, Isaura Abelairas, presentou hoxe mércores as actuacións que está a levar a cabo no 2009 o seu departamento na construción de novas beirarrúas no rural, o cumprimento do "compromiso" político de atender ás parroquias da cidade, segundo expresou a edil.

En total, neste 2009, a concellería terá construidas unha veintena de beirrarúas noutras tantas estradas que carecen da mesma; infraestruturas que están repartidas por 14 parroquias viguesas distintas, e que representa un investimento superior aos 1,1 millóns de euros.

Isaura Abelairas explicou que os criterios seguidos na construción de novas beirarrúas son a proximidade a centros escolares e sedes sociales das parroquias, por afluencia de xente e por petición da cidadanía.

Por valor de medio millón de euros, a día de hoxe xa están rematadas as novas beirarrúas de Portoloureiro (Castrelos), Igrexa Roteas (Oia), Igrexa Zamáns, Figueiras (Cabral), Canteiros (Matamá), Baixada a Santa Cristina (Lavadores), a primeira fase da Avda Santa Marina (Cabral), Xuncal (Navia) e Estrada Muiños (Comesaña).

Ademais, na actualidade atópanse en execución as beirarrúas de Vista do Mar (San Xoán Poulo), os accesos ao CEIP Carballal, a rúa Cacheno (Bembrive), Subida ás Ánimas (Sampaio), Camiño da Cova (Sárdoma) e a rúa Canicouva (Pereiró).

Isaura Abelairas tamén avanzou que licitarase próximamente a construción de novas beirarrúas na rúa Macal, en Castrelos; Baixada á praia, en Saiáns; Subida á Madroa, en Candeán; e a segunda fase da Avda Santa Marina, en Cabral; obras cun investimento total de 646.000 que estarán finalizadas ao longo deste ano.

Abastecemento e saneamento
A edil subliñou asemade que o seu departamento municipal está en proceso de licitación na actualidade de sendas obras de mellora da rede de abastecemento e saneamento tamén no rural por valor de 780.000 euros.

Nesta ocasión trátase da ampliación do bombeo ao Casal-Sampaio (86.000 euros), a ampliación da rede de saneamento nas parroquias de Candeán (457.000 euros), Valadares (86.000 euros) e Coruxo (133.000 euros), e acometidas de saneamento ao colector Cascalleira e Baixada a Roteas (20.000 euros).
Descargar todas as imaxes