A Concellería de Medio Ambiente pon en funcionamento un protocolo de actuación fronte á chegada de medusas
Dende esta semana Vigo é unha das poucas cidades da costa atlántica e cantábrica que conta cun protocolo de actuación fronte á chegada de medusas. O pasado veràn Vigo foi lugar de paso de gran cantidade destes organismos e durante varios dias os bañistas puideron ver nas praias medusas.
A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo do Concello de Vigo estivo moi pendiente do paso das medusas o ano pasado, en primeiro lugar analizando o seu tipo y despois comprobando a evolucion dos que chegaban a costa. Co obxectivo de que os cidadans dispoñan da maxima informacion este ano a Concelleria e institucions cientificas desenvolveron un protocolo de actuación fronte á chegada de medusas ao noso litoral. Deste xeito coordinarase todos os servizos pertinentes co fin de dar unha resposta rápida e eficaz.
O pasado venres 19 de xuño a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, asinou un acordo coa Asociación de Oceanógrafos de Galicia e a Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. Colaboran no proceso varios expertos en medusas do Institut de Cienciès del Mar de Barcelona e do Centro Oceanográfico de Murcia, do Instituto Español de Oceanografía.
O protocolo de medusas articúlase en varias fases, dende a detección precoz á activación, a determinación da especie, a constitución dunha comisión de seguimento e as actuacións a desenvolver. Un dos eixos principais do protocolo radica na información ao cidadán, para o que a Concellería conta co apoio da Campaña "Medusas" promovida polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, que achegará material informativo de recomendacións básicas aos bañistas.
Con este protocolo a Concellería de Medio Ambiente de Vigo aposta de novo pola calidade dos servizos de salvamento nas praias, que xa recibiron a distinción de Bandeiras Azuis deste ano pola calidade do servizo de Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios.
Descargar todas as imaxes