O Alcalde valora a primeira fin de semana de Joaquín Loriga como zona protexida
Abel Caballero valorou esta maña o establecemento de Loriga como zona protexida, tras a aprobación recente da ordenanza de convivencia cidada. Esta fin de semana un dispositivo policial encargouse de recordar que están restrinxidas as concentracións nesta zona da cidade.<br /> <br />
Vigo, 22 de xuño de 2009. - O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do primeiro fin de semana no que está en vigor a normativa que declara Joaquin Loriga como zona protexida. Segundo a ordenanza reguladora da convivencia cidadá e o ocio nocturno en Vigo, prohíbense as concentracións en determinadas zonas da cidade para garantir o dereito o descanso e tranquilidade da vecindade.
O alcalde informou que a acollida "funcionou francamente ben" e que os veciños da zona gozaron de tranquilidade despois dunha situación "insufrible" de moitos anos. Engadiu tamén, que a solución ao problema do denominado "botellón" hai que buscala en consonancia con outros sectores da sociedade. O obxectivo é buscar fórmulas alternativas a este tipo de ocio, porque este fenómeno "ten unha parte de manifestación social, reunión de xóvenes que simplemente pretenden divertirse e tomar algo"
En canto as zonas próximas ao Náutico, onde este fin de semana se reuniron miles de persoas, o alcalde lembra aos veciños que ante as molestias desta actividade, poden solicitar que se declare zona protexida do mesmo xeito que a rúa Lóriga se se cumpren os seguintes requisitos:
Denunciar a situación
Tramitar a petición de zona protexida no departamento pertinente (Medio Ambiente, Seguridade, etc.)
Contar con medicións do ruído que prohiben que se trata dunha situación perxudicial para os veciños
A declaración debe ser aprobada e publicada no B.O.P. Logo dun prazo para alegacións, e coa aprobación definitiva colocarase unha sinal vertical advertindo que se trata dunha zona protexida.