Escoitar

A Escola Municipal de Música da Coruña no Imaxina na Rúa o sábado 20 de xuño

O sábado 20 de xuño continúa Imaxina na Rúa, o programa de actividades previo á 5ª edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. Os protagonistas de Imaxina na Rúa serán nesta ocasión os mozos e mozas da Escola Municipal de Música da Coruña. A ensemble dirixida por Jose A. Acuña pódese ofrecerá un repertorio no que se mesturan temas orixinais con estándards.

venres, 19 xuñ 2009
1245405408imaxinaescolamusicacoruna.jpg
Sen dúbida, a área de música moderna e jazz desta escola e o seminario de jazz que celebra anualmente este centro espertan cada vez maior interese entre os mozos e mozas afeccionados ao jazz. Na ensemble que tocará o sábado 20 de xuño, dirixida por Jose A. Acuña –tamén director da Escola- pódese apreciar a calidade destes músicos cun repertorio no que mesturan temas orixinais con estándards.

Estes son os horarios e emprazamentos das actuacións da Escola Municipal de Música da Coruña o sábado 20 de xuño:

11:30h. Centro Comercial Travesía
13:30h. Praza da Independencia
17:30h. Rúa do Principe, diante do MARCO
19:30h. Rúa Montero Ríos

Formación:
Ana Cibreiro, voz
Beatriz Estévez, frauta
Nicolás González, clarinete
Brais Corredoira, clarinete
Elías Mato, saxo alto
Bruno Souto, saxo alto
Víctor Vázquez, saxo tenor
Augusto Vázquez, saxo tenor
Hanna Graser, trompeta
Trugott Graser, trombón
Daniel Lesta, trombón
Francisco Mata, guitarra
Angélica Nistal, piano
José Luís Montañés, baixo
Naima Acuña, batería
Director: José A. Acuña




Descargar todas as imaxes