Escoitar

500 músicos participan o domingo en Vigo nun encontro con motivo do Día Internacional da Música

A AGEMM (Asociación Galega de Escolas Municipais de Música) e a Concellería de Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Música de Vigo organizarán o II encontro galego de escolas municipais de música en Vigo o 21 de xuño de 2009 (día Internacional da música. O encontro, no que participarán 5000 músicos, consistirá na mostra musical e a convivencia do alumnado escolas municipais de música de Galicia.

venres, 19 xuñ 2009
1245404906musica.jpg
O encontro consistirá na mostra musical e a convivencia do alumnado escolas municipais de música de Galicia. Participaran 500 músicos distribuidos en 14 agrupacións que realizarán actuacións en dous escenarios da cidade: praza da Estrela e Xardíns de Montero Rios. Os concertos terán lugar desde as 12:00h ata as 20:00h durante o domingo, 21 de xuño de 2009 (día Internacional da Música). A clausura do evento será a cargo da Agrupación do II Encontro Galego de Escolas Municipais de Música integrada por todos os participantes.

As encargadas de desenvolver este gran festival de Música serán 14 agrupacións: orquestras sinfónicas, bandas de música, grupos de metais, grupos de música e movemento, grupos de danza, orquestras de corda, combos de jazz, e coros, todos eles integrados por alumnos dende os 4 anos e sen límite de idade das Escolas Municipais de Música de Galicia. Será un festival moi variado con actuacións de danza, contos musicais, ballet, rock sinfónico, música tradicional, música de popular, música coral …

Programación

12.00 h.- Xardíns de Montero Rios
Orquestra E-Trad de Vigo, Coro da Escola Municipal de Música de Vigo e Combo "lo mas plus" da Escola Municipal de Música de Ourense.

13.00 h.- Praza da Estrela
Grupo danza moderna e ballet clásico da Escola Municipal de Música de Ribadeo, Música e Movemento da Escola Municipal de Música de Vigo e Banda da Escola Municipal de Música de Moaña.

17.00h.- Praza da Estrela
Agrupación Instrumental e Grupo de danza moderna e ballet clásico da Escola Municipal de Música de Ribadeo e Banda da Escola Municipal de Música de Vigo.

18:00h.- Xardíns de Montero Rios
Orquestra da Escola Municipal de Música de Ourense, Combo Xuvenil da Escola Municipal de Música de Ourense, e Grupo de Metais da Escola Municipal de Música de Moaña.

19:00h.- Praza da Estrela
Acto de Clausura, Música e Movemento da Escola Municipal de Música de Vigo, Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo e Agrupación do II Encontro Galego de Escolas Municipais de Música.

Este festival de música e un dos mais importantes de Galicia en canto a participación, O pasado 2008 celebrouse en Santiago de Compostela cun grande éxito de participación e crítica. Non é un festival internacional con grandes estrelas do mundo da música, pero si de grandes amantes das músicas, das agrupacións, e da practica instrumental e vocal. Vigo converterase así en referente musical de Galicia no ano 2009, creando o foro musical mais grande de Galicia, en canto a participación, no día Internacional da Música, onde a través das súas actuacións converteran a Vigo nun gran bosque sonoro.

Escolas Municipais de Música
As escolas municipais de música son a socialización do acceso a música, poñen a educación musical ao alcance de todos, educan a través da música, como recolle o manifesto titulado "a música conforma os pobos" firmado en Utrecht (Holanda) en febreiro de 2003, por importantes personalidades musicais coma Claudio Abbado, Pierre Boulez, Luciano Berio, Zubin Metha, entre outros. O manifesto di "facer música, sirve para desenvolver capacidades que son moi importantes en outros contextos da vida como a concentración, a tenacidade, a motivación, a creatividade, e a importancia do traballo en equipo. A capacidade de sentir a música e expresala amplía as aptitudes das persoas para o coñecemento de sí mesmas e do mundo que as rodea. Facer música cultiva a capacidade persoal para a comunicación e forma aos individuos en comportamentos sociais.

Este proxecto xa se ven desenvolvendo noutras comunidades autónomas como o Pais Vasco e Cataluña. A nivel Europeo organizase bianualmente dende o ano 1990 o FESTIVAL DE MÚSICA DOS XÓVENES EUROPEO, e un gran festival Internacional de música amateur xuvenil, organizado pola Unión de Escolas de Música Europeas (EMU). En maio de 1998 celebrouse en Barcelona e en él participaron xa, centos de xóvenes músicos españois a través de agrupacións instrumentais e vocais da máis variada factura; en total, foron arredor de oito mil, os xóvenes músicos europeos que invadiron musicalmente Barcelona dous anos mais tarde o festival foi celebrado en Trondheim (Noruega).

A Asociación Galega de Escolas Municipais de Música (AGEMM) participou na VI edición do Festival de Xóvenes músicos Europeos, entre o 31 de maio e o 4 de xuño de 2000 na cidade noreguesa de Trondheim. A AGEMM creou para tal acontecemento unha Big-Band e un Coro feminino que actuaron con un gran éxito de crítica e público en distintos escenarios do Festival.

Posteriormente a AGEMM participou tamén no VII FESTIVAL DE MÚSICA DOS XÓVENES EUROPEOS "Suíza 2002". Aproximadamente 8.000 adolescentes de máis de 25 países de Europa reuníronse do 15 de Maio ao 21 de Maio en Suíza para o VII Festival de Música dos Xóvenes Europeos. A AGEMM participou na cidade de Regensdorf cunha Big Band dirixida por Jose Luis Álvarez interpretando un variado repertorio na Expo de Suíza 2002, no Auditorio de Zurich e na Igrexa de Regensdorf cun gran éxito de crítica e público.

A AGEMM. A Asociación Galega de Escolas Municipais de Música constituíuse o 30 de xuño de 1997, co fin de interrelacionar os centros de ensino musical a través de colaboracións de carácter cultural e educativo, regular un plan de formación das Escolas de Música e promocionar e difundir o ensino musical en Galicia.

A UEMYD. A AGEMM pertence a UEMyD dende súa constitución en Vigo no ano 1999 dentro do I Congreso Galego de Escolas de Música. Esta federación constitúese na Unión de Escolas de Música e Danza, como federación de asociacións de escolas de música e danza das diferentes comunidades autónomas que integran o Estado Español. É unha federación independente de carácter educativo, social, cultural e artístico sen ánimo de lucro e por un período de duración ilimitado.

A EMU. A Unión de Escolas de Música Europeas e unha macro-federación europea de escolas de música. os fíns da EMU, ademais de artísticos, son eminentemente socio-educativos, promovendo cursos de formación, actividades integradoras para a sociedade e Festivais de xóvenes músicos a nivel europeo.
Descargar todas as imaxes