Xulio Calviño presentou a sinalización da protección do entorno de Loriga contra o botellón, xa en vigor
O concelleiro presentou hoxe xoves a nova sinalización vertical, sete paneis que delimitan a zona protexida do entorno de Loriga e co que o Concello pretende conciliar o descanso e o ocio cidadá na zona. Na fin de semana, axentes da Policía informarán á cidadanía -e sancionarían se reinciden- da nova norma e controlarán o cumprimento dos horarios de peche dos locais nocturnos.<br />
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, presentou hoxe xoves a nova sinalización que delimita o entorno da rúa Joaquín Loriga, a primeira zona protexida en vigor atendendo á nova ordenanza reguladora do ocio e da convivencia cidadá.
Sete paneis verticais están localizados nos distintos puntos de acceso á zona, e na noite deste venres, máis dunha ducia de policias vixiarán polo cumprimento da norma mediante accións informativas primeiro e, de reincidir na alteración da mesma, os axentes sancionarían.
Tal e como incidiu Xulio Calviño, a declaración de zona protexida do entorno de Loriga, publicada antonte martes no Boletín Oficial da Provincia, impide as reunións na zona -independentemente do consumo ou non de bebidas alcohólicas- se estas alteran o dereito constitucional ao descanso e á convivencia.
O edil manifestou a vontade de actuar contra o botellón noutras zonas da cidade cando cumpran cos requisitos estipulados para ser protexidas. Ata o momento, o entorno de Loriga é o único que reúne estes requerimentos e será tomado como exemplo para a posibilidade de extendelo a outros puntos.
A zona que pasa a estar protexida pola nova ordenanza contra o botellón inclúe a propia rúa Joaquín Loriga, os tramos máis próximos á mesma de Venezuela e Simón Bolivar, Panamá, Fisterra e Ecuador; sinalizadas en amarelo as partes afetadas nos paneis, e a ambas marxes das rúas.
Información policial
Segundo informou o edil, durante esta fin de semana -a primeira coa protección de Loriga en aplicación, e coincidente co remate dos exames de selectividade- un dispositivo policial controlará o cumprimento da norma desde a medianoite aproximadamente.
Os axentes informarán á cidadanía da vixencia e contido da normativa no acceso á zona protexida e se unha vez informados incumplen a mesma procederíase á sanción, aínda que o edil mostrouse confiado en que a primeira fin de semana da ordenanza en Loriga remate sen sanción algunha.
Xulio Calviño asegurou que serán máis dunha ducia os axentes involucrados nesta tarefa, ainda que resta por determinar o número exacto e a coordinación entre a Policía Local e a Nacional. O dispositivo de seguridade reducirase progresivamente en paralelo á concienciación e interiorización da norma por parte da cidadanía.
Vixilancia nos establecementos
O concelleiro explicou asemade que os axentes da Policía vixiarán especialmente o cumprimento dos horarios de peche estipulados para os locais nocturnos, que establécese nas tres da madrugada.
Calviño asegurou ademais que está a manter contatos cos devantidos establecementos para que non permitan o consumo de alcohol mercado nos mesmos na rúa, o que sería sancionable atendendo á nova lei, que o estipula como "colaboración imprescindible". O dispositivo controlará asemade esta cuestión.
Ademais, algún dos establecementos próximos abertos durante as 24 horas non venderán alcohol das 22 horas ás 9 horas do día seguinte, para o que o edil atopou toda a colaboración do local, segundo indicou.
Descargar todas as imaxes