Festival fin de curso da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional
250 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional , celebrarán o venres, dñia 19, o festival de fin de curso na praza do Rei ás 20.30h.
Un ano mais, os alumnos de danza, percusión tradicional e alumno/as maiores de 65 anos, farán unha demostración dos seus avances no ámbito formativo no que estiveron traballando durante todo o curso.
Participarán os alumnos de Danza e Percusión da Escola Central, situada no Concello, e tamén os de Danza das distintas seccións repartidas pola cidade e bisbarra, situadas en distintos centros educativos públicos: A Doblada, Balaídos, Chans e Carrasqueira.
Para o Festival, cada alumno ataviarase coas mellores galas, a pesar do sol, e as altas temperaturas, pois a ocasión así o require. Merece a pena a calor que se poida pasar, porque a mellor maneira de rematar o proceso de aprendizaxe, é celebrando nun festival os logros acadados xunto a compañeiros, profesores, familiares, amigos, e demais simpatizantes da cultura popular galega.