Escoitar

Uns 3.800 participantes estarán na Vigo Cup, que premia a Jonathan Pereira, Don Raimundo e Alerta Traviesas

O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vide, Xabier Alonso, anunciou hoxe que a inscrición de 193 equipos na IX Vigo Cup (29 de xuño ao 5 de xullo) converte a proba na segunda de máis participación da historia do campionato, que comezou no 2001. A inscrición é só dun equipo menos que na mellor edición, a de 2004, o que significa, según o nacionalista, "que en VIDE a xerente está facendo as cousas ben e que este non é un trofeo máis de verán senón un referente".

mércores, 17 xuñ 2009
1245251445vigocup.jpg
O concelleiro valorou tamén a iniciativa tomada para esta edición, na que haberá premio á deportividade que inclúe o comportamento das afeccións e que pode incidir na clasificación dun equipo para as eliminatorias. A Vigo Cup chegará aos 3.800 participantes de 65 clubs, dos que 35 son de fóra de Vigo. Este ano hai cinco clubs de Portugal e sete doutras comunidades autónomas (Castela-León, Andalucía, Canarias,...).

Na rolda de prensa tamén se anunciou que a Fundación Vigo en Deporte decidiu outorgar novamente este ano os premios Vide pola Vigo Cup, cuxas finais se celebrarán en Samil (fútbol 7) e Balaídos (fútbol 11). Un xogador, un directivo e un club serán premiados o próximo día 29, durante a inauguración do torneo internacional de base no IMD de Samil. Trátase do vigués Jonathan Pereira (Racing de Santander), Don Raimundo (Colexio Hogar) e o Alerta Traviesas, elixidos como mellor sub 21 español, mellor labor como dirixente deportivo e por traxectoria como club.

Xabier Alonso lembrou que Jonathan Pereira foi un produto da canteira do Santa Mariña que xogou a Vigo Cup e tivo palabras de agarimo para o labor de Don Raimundo, ao que cando vexo dígolle que está igual que fai non se cantos anos, porque o seu labor de apoio ao deporte empezou fai décadas. En 2003, Pereira xa gañou o premio VIDE á mellor promesa co Santa Mariña.

Tamén pola Vigo Cup, este domingo, no Verbum (11.00, entrada de balde), haberá una charla-coloquio con dous colexiados internacionais, Undiano Mallenco (único español na preselección da FIFA para o Mundial de fútbol do 2010) e Bernardino González.
Descargar todas as imaxes