Escoitar

Esta fin de semana celebrarase o VIII Trofeo Internacional Cidade de Vigo de Hóckey Herba nas Travesas

O campo de herba sintética das Travesas acollerá esta fin de semana, 20 e 21 de xuño o VIII Trofeo Internacional Cidade de Vigo de Hóckey Herba, coa participación de catro clubes na modalidade masculina e dous na feminina. Ademais, o torneo completarase coa celebración de actividades paralelas dirixidas aos deportistas máis novos, nas que participarán arredor de 100 rapaces e rapazas de 5 a 12 anos.

martes, 16 xuñ 2009
1245154055hockeyherba.jpg
Respecto ao torneo senior masculino, nel participarán os clubes vigueses Vigo Hóckey Clube, e Atlántico H.C., o equipo ourensán C.H. Barrocas, e o equipo portugués Clube Futebol Benfica. A competición comezará o sábado 20 de xuño, cos partidos correspondentes ás semifinais ás 17.30 e ás 19 horas. O domingo, ás 10 horas disputarase o terceiro e cuarto posto e ás 12 horas celebrarase a final. En canto ao torneo senior feminino, o Atlántico H. C. e o Clube Futebol Benfica xogarán un partido úncio o sábado ás 16 horas.

O presidente do Vigo Hóckey Clube, Francisco Rodríguez, e responsable da organización do trofeo, agradeceu a colaboración do Concello de Vigo, xa que se trata "dun dos patrocinadores máis importantes". "A partir deste ano queremos darlle continuidade a este torneo para que non se volva a interrumpir e neste sentido o concelleiro de Deportes xa amosou o seu apoio", salientou.
Descargar todas as imaxes