Escoitar

O Concello apoia unha concentración de motoristas en Vigo para batir o record galego de doazóns de sangue nun dia

Abel Caballero reuniuse este luns con colectivos de motoristas e anuncioulles que apoiará a concentración que o colectivo organizará en setembro na cidade para conseguir doazóns de sangue e batir ao tempo o récord galego nun día. Para iso, convocarase aos motoristas de Galicia, España e Portugal para participar no mesmo.

luns, 15 xuñ 2009
1245069715moteros.JPG
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este luns á Asociación de Moteros Unidos pola Vida e á Asociación Galega de Moteros, e anuncioulles que apoiará a xornada de concentración promovida polos colectivos para conseguir doazóns de sangue e batir o récord de Galicia de doazóns nun mesmo día.

O colectivo organizará en setembro unha xornada de concentración na cidade na que convocarase a motoristas de Galicia, España e Portugal para participar na mesma, e o Concello "estará ao lado" dunha iniciativa solidaria, segundo indicou Abel Caballero.

Máis iniciativas
O alcalde enumerou ao remate da reunión outras demandas plantexadas polas asociacións de motoristas, como a revisión dos guardarraís, dos que Abel Caballero asegurou que levarán os standards de seguridade para as motocicletas.

Alcalde e motoristas abordaron tamén os aparcamentos para motos, que estarán incluidos nas novas rúas humanizadas, segundo afirmou Abel Caballero; e a posibilidade que estudará o Concello de abrir á circulación dos motoristas os carrís de uso exclusivo para o transporte público.

Abel Caballero mostrou a "vocación de cooperar coa seguridade" dos motoristas desde o Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes