Escoitar

Vigozoo presenta o programa de actividades de verán

Vigozoo oferta para este verán diversas actividades e campamentos dirixidos aos menores de idades compredidas entre os 6 a 14 anos. A programación inclúe campamentos de varios días ou estancias de un día.<br />

venres, 12 xuñ 2009
1244809259campamentoszoo.jpg
Campamentos e estancias

"Medio día no zoo", para rapaces e rapazas de 6 a 8 e de 9 a 14 anos de idade, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Unha mañá enteira visitando e descubrindo o parque. O prezo é de 6,45 € inclúe o almorzo.

"Un día no zoo" para rapaces e rapazas de 6 a 8 e de 9 a 14 anos de idade, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Unha xornada enteira chea de actividades, xogos, obradoiros e por suposto visitando todo o parque. O prezo de 16,15 € inclúe o almorzo, comida e merenda.

"Unha noite no zoo" para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos de idade. Esta actividades desenvolverase a 4ª semana de xullo, 3ª e 4ª de agosto e 1ª de setembro). Dous días de campamento pernoctando no
parque en tendas de campaña, realizando sendeirismo, xogos dirixidos e visita nocturna observando aos animais en completa escuridade. O prezo de 41,70 € inclúe as comidas e aloxamento.

"Campamento semanal" para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos de idade, os meses de xuño, xullo, agosto e setembro).Cinco días convivindo dende a mañá ata o serán cos animais do parque e participando en labores de enriquecemento ambiental, educación e realizando actividades xunto co persoal que traballa no zoo. O prezo de 80,00 € inclúe o almorzo, comida e merenda.
Existe a posibilidade de media xornada con comida incluída cun prezo de 60,00 €.

Outras actividades

"Aniversario no zoo" para rapaces e rapazas de 3 a 14 anos de idade. Esta actividades ten lugar durante todo o ano en horario de tarde, agás domingos e festivos. Trátase de celbarar a festa de cumpleanos dunha forma diferente e orixinal. Cun prezo de entrada moi económico, que inclúe a entrada libre para un acompañante, unha actividade interactiva (O Naturolab) e unha visita guiada polas instalacións, cunha duración total é de 80-90 minutos. Posteriormente terá lugar a festa e a degustación do menú na cafetería duns 60 minutos aproximadamente. O prezo da actividade segundo o menú varía entre 7,10, 6,90 e 11,25 euros.

"Actividade de fin de semana: naturolab" É una pequena exposición interactiva con rastros dos animais que se poden atopar no parque zoolóxico. Ao mesmo tempo os máis novos poden participar nun pequeño obradoiro onde realizarán moldes en escaiola de pegadas de animais.

"Actividade de fin de semana: proxecións no salón de actos" A duración varía entre os 15 e 45 minutos en función da obra proxectada. En xeral, son documentais de temática relacionada coa natureza como eixo principal.

"Visitas guiadas de balde para público xeral" Completa a túa estancia en Vigozoo cunha visita guiada de 45 minutos. Un monitor acompaña a visita polo Parque e conta as curiosidades do mundo animal.
Esta actividade realizase os sábados, domingo e festivos ás 17:00, 18:00 e 19:00 horas.
Descargar todas as imaxes