O Centro de Artesanía Tradicional convoca os obradoiros de verán
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, desenvolverá entre xullo e agosto as súas actividades estivais con dous obradoiros que queren achegar á cidadanía dous dos oficios tradicionais máis emblemáticos de Galicia: o tecido e a cestería.
Obradoiro de cestería
Este obradoiro quere introducir aos máis novos/as no mundo da cestería tradicional cun dobre obxectivo: que aprendan de xeito lúdico as técnicas básicas do oficio de cesteiro, e conciencialos de cara á protección deste patrimonio, que tivo especial relevancia na nosa cidade ata hai uns anos.
A cestería tradicional leva unida á nosa cidade dende hai séculos co traballo de moitos artesáns que, xeración tras xeración, foron pasando o seu saber dunhas mans a outras, creando obxectos que formaron parte da nosa vida diaria ata os anos 60 do século pasado. Os obradoiros da rúa dos Cesteiros, no Casco Vello, son o mellor exemplo da relevancia que tivo este oficio en Vigo, que a converteron nun dos centros de produción máis activos de Galicia.
O obradoiro vai dirixido a rapaces/as de 7 a 16 anos que queiran aprender como se facían obxectos da vida cotiá en vimbio hai 100 anos.
Datas e horario:
Quenda 1: luns, mércores e venres, do 1 ao 31 de xullo, de 10:00h a 13:00h
Quenda 2: martes e xoves, do 2 ao 30 de xullo, de 10:00h a 13:00h
Quenda 3: martes e xoves, do 4 ao 27 de agosto, de 10:00h a 13:00h
Nº de prazas:
Quenda 1: 12
Quenda 2: 12
Quenda 3: 6
Obradoiro de tecido
O home, dende a Prehistoria, comezou a utilizar prendas de vestir para protexerse dos rigores do clima. Primeiro con coiro, e co paso dos séculos con fibras vexetais e animais como o liño e a la, materias primas que vestiron durante xeracións aos nosos antepasados tras un laborioso proceso de transformación artesanal.
Con este obradoiro de iniciación os/as alumnos/as entrarán en contacto coas técnicas básicas do tecido tradicional a través dunha aprendizaxe nun tear de alto lizo. O alto lizo non é un sistema utilizado tradicionalmente en Galicia, pero moi útil para un primeiro achegamento a este oficio. Na última semán do curso, cando xa teñan adquiridos os rudimentos técnicos básicos poderán practicar nun tradicional tear galego de baixo lizo.
Vai dirixido a persoas maiores de 14 anos que queiran coñecer de primeira man o proceso do tecido tradicional.
Datas e horario:
Martes e xoves, do 18 de agosto ao 10 de setembro, de 09:30h a 13:30h
INFORMACIÓN XERAL
Onde se impartirán os obradoiros
No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO
Como apuntarse
Enviando o boletín de inscrición ao CAT por correo ou fax ao número 986220758, ou a través do formulario de inscrición en www.vigo.org/artesania.
Os obradoiros son gratuítos.
Prazo de inscrición
Estrá aberto ata cubrir prazas. A selección do alumnado estará marcado pola orde de entrada de solicitudes, establecéndose unha lista de espera.
Lista de admitidos
Unha vez cubertas as prazas dos diferentes obradoiros, a lista de alumnos/as seleccionados/as será exposta no CAT e na WEB ww.vigo.org/artesania
Descargar todas as imaxes