luns, 8 xuñ 2009
O departamento municipal de Mobilidade, Transporte e Seguridade que dirixe Xulio Calviño xa dispuxo en Vigo dun total de 80 bandas redutoras da velocidade, as últimas 20 instaladas no pasado mes de maio. Ademais, a Concellería habilitou o pasado mes unha decena de novos pasos de peóns, que ampliaranse en próximas datas.
luns, 8 xuñ 2009
Xulio Calviño, en representación municipal, e a Presidenta da ONCE en Galicia, Dolores Venancio, presentaron hoxe luns a programación da semana cultural previa á celebración en Vigo o vindeiro sábado 13 de xuño do Día da ONCE en Galicia. Actividades teatrais e musicais celebranse de balde ao longo desta semana e culminan o sábado no IFEVI, co presenza agardada de 600-800 afiliados de toda Galicia.
luns, 8 xuñ 2009
O ciclo de música "Xeración 2000+9" comezará o martes, 9 de xuño, ás 20.30 horas, coa actuación no Verbum do cuarteto de folk O Chupacabras, cuxo estilo caracterízase polo emprego de novas harmonías en arranxos de pezas típicas do repertorio tradicional. O ciclo que se celebrará durante cinco días modifica o concerto do 13 de xuño por enfermidade do pianista Luís Filipe Sá.
luns, 8 xuñ 2009
No marco da programación da Casa da Xuventude para o primeiro semestre do 2009, este servizo municipal acolle dende hoxe e ata o 19 de xuño a mostra de pintura e fotografía "Catro historias". A exposición, que mostra as obras de catro artistas que remataron os estudos de Belas Artes, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Animación Sociocultural
luns, 8 xuñ 2009
Tras a publicación o 4 de xuño de 2009 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 18 de maio),ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2009.