Educación inicia despois do remate do curso a renovación das instalacións eléctricas dos colexios públicos
A Concellería de Educación que dirixe Laura López Atrio comezará ao remate do curso escolar -o vindeiro 19 de xuño- as obras de adaptación, renovación e conservación das instalacións eléctricas dos colexios públicos. A Xunta de Goberno aprobou o pasado luns os plans de seguridade e saúde dos traballos e o nomeamento dunha direción facultativa das obras, paso previo ao inicio das mesmas.

A Concellería de Educación que dirixe Laura López Atrio iniciará a mellora da instalación eléctrica nos colexios públicos de Vigo cando remate o actual curso escolar, o vindeiro venres 19 de xuño, aproveitando así o periodo vacacional.
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado luns os plans de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento da direción facultativa das obras de adaptación, renovación e conservación das instalacións eléctricas, proxecto incluido dentro do Fondo Estatal de Inversión Local do Goberno de España.
Este proxecto conta cun investimento aproximado de 350.000 euros, e os traballos de mellora da rede eléctrica teñen un prazo de execución de seis meses, co que antes de que remate o ano estarán finalizados.