O Concello e a ESAD organizan un campus de verán para convertir a Vigo en "capital atlántica das artes escénicas"<br />
O alcalde, Abel Caballero, e o diretor da Escola Superior de Arte Dramática, Manuel Vieites, presentaron este martes o campus internacional de veran "Escénika", que celebrarase en Vigo do 29 de xuño ao 15 de xullo, dirixido a alumnos, profesionais e aficionados do teatro. A programación presenta nomes destacados do teatro portugués e español, entre eles, La Fura dels Baus.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Educación, Laura López Atrio, e o diretor da Escola Superior de Arte Dramática, Manuel Vieites, presentaron este martes "Escénika", o campus internacional de verán de teatro chamado a convertir a Vigo en "capital atlántica das artes escénicas".
Do 29 de xuño ao 15 de xullo -datas que se repetirían todos os anos, segundo adiantaron os poñentes-, nomes destacados do teatro en España e en Portugal, gracias á colaboración do Instituto Camoês, daranse cita en Vigo nun programa "amplo e diverso" dirixido a todos os interesados nas artes escénicas: alumnos e mestres da ESAD e tamén afeccionados.
La Fura dels Baus estará presente nun dos obradoiros organizados no campus de verán, como nome máis destacado, pero tamén participarán en Vigo figuras teatrais destacadas como Ignacio García, o portugués Paulo Eduardo Carvalho, Cándido Pazó, José Manuel Garrido e José María Vieira.
No trascurso da presentación, o alcalde manifestou que a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo aproveita as sinerxias do territorio para realizar unha actividade "cultural e educativa global", nada con vocación de ser "referencia en España".
Manuel Vieites foi máis aló na pretensión de internacionalidade do campus e avanzou que a idea é facer de Vigo un "lugar de referencia en Europa" e "capital atlántica das artes escénicas" no ámbito da formación e doutras disciplinas teatrais. O diretor da ESAD asegurou que "Vigo tamén ten que aspirar a ser capital cultural de Galicia", polo que agradeceu ao Concello de Vigo a súa disposición na organización do campus internacional de verán.
Descargar todas as imaxes