O alcalde insta á Xunta a iniciar a expropiación dos terreos da Cidade da Xustiza
Abel Caballero mostrou a súa "vontade absoluta" de por en marcha o proxecto e solicitou á Xunta de Galicia o inicio da declaración de supramunicipalidade do mesmo, seguindo o acordo plenario acadado en Vigo no mes de xaneiro. Tras a reunión deste martes co Xuiz Decano, o alcalde pediu á Xunta que avale ante o Poder Xudicial os medios materiais para a instalación do Xulgado Mercantil en Vigo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, instou este martes á Xunta de Galicia a comezar a expropiación dos terreos para a Cidade da Xustiza viguesa, despois de que en xaneiro deste ano o Pleno da Corporación municipal, a instancias do grupo popular, acordase solicitar do goberno autonómico a declaración de supramunicipalidad do proxecto.
O alcalde mostrou a súa "vontade absoluta" na posta en marcha desta iniciativa e apuntou que o organismo autonómico ten enriba da mesa -a petición do Pleno vigués- a declaración de supramunicipalidade, paso previo que debe adoptar a Xunta de Galicia para proceder ás expropiacións dos terreos.
Así o manifestou o alcalde tras unha reunión mantida este martes co Xuiz Decano, Jaime Bardají, no que abordaron o impulso á Cidade da Xustiza, ademais das novas dotacións xudiciais para Vigo, como son o Xulgado de Familia e o Mercantil.
Sobre o Xulgado Mercantil, Abel Caballero salientou que "temos a garantía do Goberno de España", específicamente do ministro de Xustiza, de que a terceira sede provincial ubicarase en Vigo. A este respecto, o alcalde anunciou que hoxe martes remitirá unha carta ao conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia para que avale que Vigo disporá dos medios precisos para albergar o Mercantil.
Segundo informou Abel Caballero, este informe de Presidencia debe garantir os medios en calquera que sexa a súa localización, tamén para Vigo, e pasar despois a mans do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O TSXG elaborará á súa vez outro documento para ser remitido ao Consello Xeral do Poder Xudicial.
O alcalde abogou porque Vigo conte ao longo deste 2009 co Xulgado Mercantil, pendente da resolución definitiva do CGPJ, e no 2010 co Xulgado de Familia. Abel Caballero manifestou que recibiu este martes do Xuiz Decano a demanda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de constituir un novo Xulgado de Familia na cidade, solicitude que non chegou ao Ministerio, segundo explicou.
O rexedor vigués asegurou que, unha vez coñecida esta demanda xudicial, cursarase novamente a mesma para que o Ministerio de Xustiza que dirixe o galego Francisco Caamaño a inclúa nas previsións de dotacións xudiciais para 2010.
Descargar todas as imaxes