Escoitar

O alcalde solicita a Fomento a cesión do tramo de autovía entre a praza de España e Puxeiros

Abel Caballero reuníuse este venres co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, con quen iniciou formalmente a tramitación da cesión da titularidade deste tramo de autovía, que pasaría a ser vial urbano. O alcalde, quen indicou que o Ministerio ten "vontade de cesión", asegurou que "nuns meses" será municipal e poderá entón iniciarse a humanización da Avenida de Madrid.<br />

venres, 12 xuñ 2009
1244810748carreteras.JPG
O alcalde, Abel Caballero, solicitou este venres ao Ministerio de Fomento a través do xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, a cesión da titularidade do tramo de autovía que une a Praza de España e Puxeiros.

O alcalde constatou que o Ministerio ten "vontade de cesión" do vial, que pasaría a ser urbano e de desenvolvemento municipal. Abel Caballero salientou que hoxe venres iniciouse formalmente a tramitación e "nuns meses" este tramo pasará a ser de competencia municipal.

Abel Caballero avanzou que a cesión conlevaría que o Ministerio de Fomento indemnice ao Concello cunha cantidade por determinar, e que sería empregada para a humanización da Avenida de Madrid. A este respecto, o rexedor local adiantou que encargará xa este proxecto.

Vigo-Porriño
O alcalde e o responsable de demarcación de Estradas pasaron revisión a outros proxectos, como o estado da nova autovía que unirá Vigo e O Porriño. Segundo indicou Abel Caballero, a infraestrutura "vai da forma prevista", pois está en periodo de redacción, e asegurou que "en semanas" adxudicarase un proxecto cun valor de 5 millóns de euros.

Vigo-Pontevedra
Abel Caballero e Ángel González revisaron asemade o estado da nova autovía que unirá Vigo coa capital pontevedresa, e que levará por nome a A-59. O alcalde afirmou que este ano adxudicaranse os proxectos dos tres tramos que unen a cidade olívica coa A-57 a Pontevedra, que nace en O Confurco.

O rexedor vigués adiantou tamén que os tres tramos dos que consta a conexión da A-59 estarán licitados e listos para contratación en 2010. Abel Caballero estimou o coste da obra da nova autovía en 240 millóns de euros.

Rotondas de Peinador
A reunión permitiu ao alcalde e ao xefe de Demarcación de Estradas analizar igualmente o estado das obras da futura "circunvalación externa" do aeroporto de Vigo, segundo explicou Abel Caballero.

As dúas novas rotondas -fronte á entrada e no desvío á estrada a Redondela- están en execución e "de forma inmediata" sairá á información pública o vial de uns 800 metros que as conectará, tal e como avanzou o alcalde, e licitarase o próximo ano.
Descargar todas as imaxes