Escoitar

O Día da Muiñeira celebrase o sábado con 2.000 participantes na praza de Compostela

O sábado, 13 de xuño, celebrase a XXXIX edición do Día da Muiñera e o X Concurso do Ensalzamento do Traxe Galego.Este ano 220 grupos, con máis de 2.000 participantes, actuarán na Praza de Compostela.

venres, 12 xuñ 2009
Como actividade previa ao festival do Día da Muiñeira, celebrarase o X Concurso do Ensalzamento do Traxe Galego, que terá lugar tamén o sábado a partir das 17:30 horas na lonxa do Concello.

No concurso está prevista a participación de 26 traxes individuais e 10 colectivos. Haberá dous primeiros premios por categoría do traxe de adultos (antigo, cotío, moderno e agrupación), e outros dous para o traxe infantil. Ao remate do concurso haberá unha concentración na Praza do Rei de todos os grupos participantes no Día da Muiñeira, que posteriormente se desprazarán ata a Praza de Compostela, onde ás 20:30 horas se iniciarán as actuacións.


Cortes de tráfico

"Co gallo do XXXIX FESTIVAL DÍA DA MUIÑEIRA 2009, que terá lugar o sábado día 13 de xuño a partir das 11,00 horas na praza de Compostela, adoptaranse as seguintes medidas de tráfico:

1º Quedarán pechadas o tráfico, dende as 18,00 horas, as rúas: Areal (o tramo que vai dende Colón ata República Argentina), A Praza de Compostela, García Olloqui e Concepción Areal.

2º Os vehículos que circulen pola rúa Areal serán desviados a súa chegada a rotonda polo túnel de Beiramar. Os que circulen procedentes de Bouzas por Beiramar, teñen como alternativa subir pola rúa Gaiteiro Portela, Torrecedeira, e Llorente a Pi y Margall"