Escoitar

Caballero estuda conveniar con Tragsa que a empresa pública poida realizar obras no rural<br />

O alcalde mantivo este venres unha reunión de traballo coa presidenta da entidade, María Luisa Graña, quenes estudaron fórmulas para establecer un convenio que permita á empresa pública realizar obras municipais en Vigo, principalmente no rural, o que aforraría meses de tramitación, segundo indicou Abel Caballero.

venres, 12 xuñ 2009
1244810581tragsa.JPG
O alcalde, Abel Caballero, entrevistouse este venres coa presidenta de Tragsa, María Luisa Graña, para estudar a posibilidade de establecer un convenio entre as partes que permita que a empresa pública poida realizar obras municipais, principalmente no rural vigués.

O rexedor mostrou interese na proposta xa que, ao ser Tragsa unha entidade pública, non sería preciso a licitación, co que aforarríase "entre tres e catro meses" na tramitación, segundo estimou.

O alcalde recibiu ao equipo de limpeza das praias

O alcalde, Abel Caballero, recibiu hoxe venres ao equipo de limpeza e mantemento dos areais vigueses e dos espazos anexos aos mesmos, aos que animou a "seguir mantendo a calidade da limpeza das praias de Vigo".

O alcalde valorou a limpeza do ano pasado, dos que algúns repiten no equipo desta tempada de verán, xa que este é un dos parámetros avaliados pola entidade encargada da concesión das bandeiras azuis en España, e que distinguiu este ano á cidade con sete bandeiras.
1244810581tragsa.JPG
1244811909praias.JPG
Descargar todas as imaxes