O alcalde salienta que "continuamos a humanización do rural" coa construción de beirarrúas por valor de 650.000 euros
Abel Caballero informou hoxe luns da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da contratación de obras de construción de beirarrúas en Castrelos, Saiáns, Santa Marina e A Madroa por valor de 644.500 euros con cargo aos orzamentos de 2008.
O alcalde, Abel Caballero, salientou hoxe luns que "continuamos a humanización en ámbitos do rural" tras aprobar a Xunta de Goberno Local a construción de beirarrúas en distintos puntos do rural por valor de 644.500 euros.
O rexedor indicou que as obras financiaranse con cargo aos orzamentos municipais de 2008, e suporán novas beirarrúas na subida á Madroa, por valor de 91.500 euros; na rúa Macal-Castrelos, cun orzamento de 113.000 euros; na Baixada á Praia de Saiáns, con 160.000 euros consignados; e a segunda fase da Avenida de Santa Marina, con 280.000 euros.