martes, 16 xuñ 2009
A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se aprobou unha declaración institucional sobre a negociación do convenio do sector do metal. Na declaración, aprobada cos votos do PSdG-PSOE e BNG, faise unha chamada ás partes implicadas á negociación e ao diálogo, como única vía posible para solventar as demandas plantexadas. Tamén se exise da Xunta de Galicia que exerza as súas competencias cunha mediación activa e constante, salvando os obstáculos e facilitando propostas razoables para ambas partes que poñan fin ao conflicto laboral.
martes, 16 xuñ 2009
O campo de herba sintética das Travesas acollerá esta fin de semana, 20 e 21 de xuño o VIII Trofeo Internacional Cidade de Vigo de Hóckey Herba, coa participación de catro clubes na modalidade masculina e dous na feminina. Ademais, o torneo completarase coa celebración de actividades paralelas dirixidas aos deportistas máis novos, nas que participarán arredor de 100 rapaces e rapazas de 5 a 12 anos.