Escoitar

O Concello adapta á lei o funcionamento das comisións informativas dos plenos<br />

O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, explicou hoxe xoves o acordo adoptado -a iniciativa da nova secretaria do Pleno- polos tres grupos políticos municipais para "racionalizar administrativamente" o procedemento das comisións informativas previas ao Pleno e "adaptalo á normativa" da lei de bases de réxime local.<br />

xoves, 18 xuñ 2009
1245329888font.jpg
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font, explicou hoxe xoves o acordo adoptado polos grupos políticos municipais na Xunta de Voceiros que prevé "racionalizar administrativamente" o procedemento das comisións informativas do pleno e "adaptalo á normativa" da lei de bases de réxime local.

Segundo indicou o edil, a nova secretaria do Pleno do Concello de Vigo propuxo aos voceiros esta adaptación, que regula o funcionamento das comisións informativas previas á celebración de cada pleno.

O acordo adoptado estipula que sete días antes da celebración do pleno -o luns inmediatemente anterior- teña lugar unha comisión informativa que tome ditamen sobre as mocións presentadas polos grupos políticos, que terán como máximo ata o mércores previo -doce días antes da sesión plenaria- ás 14 horas para presentalas.

A secretaria manifestou aos voceiros, tal e como aseverou o concelleiro, que as mocións teñen que ser ditaminadas pola comisión informativa, procedemento "totalmente acorde" á lexislación.

As mocións presentadas polos grupos despois da data límite quedarán para o próximo pleno, e permanece vixente e contemplado na regulación as presentadas de urxencia. Carlos Font indicou que o regulamento comezará a aplicarse para a sesión plenaria do mes de xullo.
Descargar todas as imaxes