Tradición e misterio uniranse na noite de San Xoán na primeira iniciativa da rede museística de Vigo
O museo Quiñones de León, o Verbum, o Museo do Mar, o Marco e o Museo Liste acollerán o vindeiro 23 de xuño, noite de San Xoán, a primeira actividade conxunta da rede museística de Vigo, segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santi Domínguez. O concelleiro explicou que se trata dunha "iniciativa novidosa nesta cidade que significa o inicio dun novo xeito de entender a actividade museística na cidade", coordinada e posta en marcha polas concellerías de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística.
"Dende o principio do mandato tiñamos claro que esta cidade necesitaba a creación dunha rede museística, porque temos museos de moita calidade tanto en contidos como en historia, pero faltaba un proxecto global que agora está empezando a coller forza", destacou Santi Domínguez. Ao respecto, o tenente de alcalde sinalou que o proxecto da rede museística está na fase de "ultimar retoques técnicos", como xa lembrou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, na presentación das liñas de traballo do seu departamento. Pese a esta circunstancia, subliñou que "quixemos empezar a dar pasos na idea do traballo en rede", aproveitando a noite máxia de San Xoán, que ao seu xuízo é "un referente para toda a cidadanía".
O tenente de alcalde explicou que "Tradición e misterio na noite de San Xoán" oferta simultaneamente en todos os museos da cidade actividades que compaxinan os aspectos lúdicos e tradicionais. "Queremos que non sexa cuestión dun día, senón algo sistemático", afirmou. Respecto ao Museo de Castrelos, futuro Museo da Cidade, indicou que acollerá unha iniciativa similar á das Noites Vivas, "que acadou un gran éxito de público" denominada "Noite de San Xoán no museo". Esta actividade comezará ás 21.45 horas e está dirixida a un grupo de entre 30 ou 40 persoas. "Convidarase a distintos colectivos da cidade, como asociacións de mulleres, xuvenís e veciñais, para empezar a espallar a idea da rede museística e que eles sexan tamén difusores do museo nos seus entornos", destacou.
O museo Verbum acollerá a actividade "Xogando coas palabras na noite de san Xoán" entre as 22 e as 23 horas. Está dirixida a un grupo de 30 persoas, que deberán incribirse previamente e organizada pola Concellería de Normalización Lingüística e o propio museo. No Museo do Mar celebrarase a iniciativa "Memoria en San Xoán" arredor das 20 horas. O tenente de alcalde explicou que neste museo, "tres persoeiros da cidade contarán como vivían esta noite". María do Carmo Krückenberg, Juan Otero "Eiravella" e Alberto Pacheco "recuperarán a memoria viva da cidade", lembrando como era hai anos a noite de San Xoán.
O auditorio do museo Marco, pola súa banda, acollerá unha sesión de contacontos de 22 a 23 horas, que segundo Santi Domínguez "unirá o valor do museo na súa contemporaneidade artística con elementos etnográficos". A actividade, aberta ao público ata completar aforamento, é organizada polo Centro de Artesanía Tradicional en colaboración co museo. Finalmente, o museo Liste organiza a actividade "Mitos en San Xoán", "na que o lume e os mitos centrarán a proposta", sinalou Santi Domínguez.
"O máis importante é a filosofía arranca esta actividade de coordinación e vertebración", salientou o tenente de alcalde. Ao seu xuízo, estas actividades "creativas e imaxinativas darán á noite de San Xoán un elemento artístico e cultural". Santi Domínguez felicitou aos concelleiros de Patrimonio Histórico e Cultura e á concelleira de Normalización Lingüística, presentes na rolda de presna, "pola súa capacidade para desenvolver e coordinar esta iniciativa". Agradeceu tamén aos directores dos museos pola "súa absoluta colaboración dende o primeiro día", así como ao Centro de Artesanía Tradicional e ás entidades "encargadas de materializar a parte máis artística e creativa".