Escoitar

O Concello inicia a reforma da marxe esquerda da Avda. de Europa a través do programa de emprego Vigo Ornamental

A Xunta local de Goberno nomea os directores de obra do programa "Vigo Ornamental" que vai acometer a reforma da marxe esquerda da Avda. De Europa e Mestres Goldar entre outras actuacións. O programa de emprego de 636.000€ suporá a contratación de 30 alumnos-traballadores

luns, 22 xuñ 2009
1245679936alcalde.JPG
Vigo, 22 de xuño de 2009. - O alcalde anunciou hoxe o inicio das obras de humanización da marxe esquerda da Avda. De Europa. A construcción de aceras, instalación de mobiliario urbano, plantación de árbores, o acondicionamento da marxe esquerda desta vía realizarase gracias o Obradoiro de Emprego "Vigo Ornamental". Este obradoiro, que conta cunha inversión de 636.228€, terá unha duración de 12 meses e empregará a 30 alumnos traballadores.

Este obradoiro acometerá a reforma da Avda. De Europa e tamén a rehabilitación da antiga escola "Mestres Goldar". O alcalde sinalou que a reforma da Avda de Europa trátase "dunha demanda que recibimos de moitos cidadáns e xunto coa prolongación da zona verde dende Castelao a Samil vai cambiar completamente a faciana desta zona da cidade"


Na xunta local tamén se aprobou, na área de Servicios Xerais, unha inversión de 200.000€ para mellorar o alumeado público nas parroquias. O obxectivo desta contratación é a substitución de lámpadas de mercurio por lámpadas de sodio, o que suporá un aumentando considerable da vida util do alumeado e unha reducción importante da contaminación que producen ás lámpadas de sodio. Acordouse a contratación dun camión grúa para o transporte de materiais de obra por un importe de 130.000€

O alcalde deu conta da adquisión de materiais eléctricos para substituir os que están deteriorados no edificio municipal do Concello, por un valor de 140.000€. O dar conta desta inversión o alcalde recordou tamén o informe das instalacións eléctricas que recomendaba a renovación de toda a instalación do edificio con un importe cercano os 2M€. Caballero sinalou que este edificio "é un mal edificio e non é eficiente" recordando a presentación da proposta de reforma da Praza do Rei, que presentou o pasado venres o arquitecto Rafael Moneo "hai que tomar unha decisión acometer unha grande reforma do edificio ou recuperar esta zona da cidade segundo propón Moneo", "é a cidadanía a que debe decidir" apuntou.

O proxecto Moneo na Lonxa do Concello

Dende hoxe, na Lonxa do Concello, os cidadáns poderán ver as maquetas e os plumíns do proxecto presentado o pasado venres. "O primeiro paso está dado, o seguinte será plantexar o proxecto económico" ainda que sinalou que "é viable e asumible e que non lle vai costar un euro os cidadáns"
Descargar todas as imaxes