O Marisquiño comeza o 3 de xullo cun concerto de No use for name e remata o 9 de agosto con La Mala Rodríguez
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que a novena edición de Marisquiño comezará o 3 de xullo cunha festa concerto na Sala A!, onde ás 20 horas actuará a banda californiana No use for name. Ademais, avanzou que o remate do festival correrá a cargo de La Mala Rodríguez, nun concerto gratuito no peirao de Trasatlánticos o día 9 de agosto. "É unha iniciativa dirixida a xente nova, pero tamén a un público adulto e familiar", salientou o concelleiro do BNG
Na presentación do festival, no que tamén participaron os responsables da organización Carlos Domínguez "Pity", e David Lago "Tibe", o edil nacionalista lembrou o nacemento do Marisquiño, no ano 2001, como un campionato de skate. "Co paso do tempo foi medrando até o que é hoxe, con diversas actividades culturais e artísticas", afirmou. Segundo o concelleiro de Cultura, trátase dunha iniciativa que "canaliza as diversas tendencias que existen actualmente na mocidade e cunha gran repercusión mediática grazas ao traballo feito nos últimos anos".
Na súa intervención, o concelleiro de Cultura fixo tamén referenza aos datos de participación na pasada edición do Marisquiño. Ao respecto indicou que o campionato de skate contou coa participación de 450 deportistas; no tocante ao público participante, sinalou que ao longo das xornadas a convocatoria contou cun total de 30.000 asisitentes e 7.500 persoas asisitiron ao concerto de Violadores del verso. Por outra banda, Xesus López felicitou aos organizadores do Marisquiño en nome da Concellería de Cultura "polo esforzo e o traballo desenvolvido".