Escoitar

O servicio de atestados da Policia Local estrea un novo furgón

O concelleiro de mobilidade, transporte e seguridade, Xulio Calviño, acompañado do xefe da Policía Local, Carmelo Castillo, presentou esta maña o novo furgón para o servicio de atestados. "Este goberno municipal vai renovar toda a flota de vehículos da Policía Local" sinalou o concelleiro, "é necesario dispoñer dos medios necesarios para realizar unha boa labor"<br />

martes, 23 xuñ 2009
1245764051atestados1.JPG
Furgon de atestados
Hoxe entra en servicio un furgón para o servicio de atestados con importantes melloras técnicas. O equipamento instalado servirá para axilizar a xestión dos atestados. Entre as características do novo vehículo destacan a adaptabilidade que o fai máis funcional tanto para a circulación no casco urbano como noutras vías máis estreitas. O furgón do servicio de atestado dispón de máis conexións a rede eléctrica que permite a posibilidade de traballar simultáneamente con varios equipos: etilómetro, ordenador portátil, impresora, impresora alcotest. Dispón tamén dun dispositivo de conexión a rede a 12 voltios o que facilita o uso da impresora dos equipos de alcoholemia manuais, especialmente para os controis con resultado negativo, quedando constancia das probas practicadas.

No interior hai asentos homologados no habitáculo de traballo, o que facilita o traslado de calquera conductor a outras dependencias, como poder ser a hospitais a realizar probas de contraste mediante analítica de sangue ou de sustancias estupefacientes. No exterior ten unha conexión a rede electrica, no lateral esquerdo, para a recarga de batería en situacións de paradas prolongadas con moito consumo como poden ser o controis preventidos de alcoholemia. Destaca o proxector de luz extensible que facilita a iluminación en actuacións nocturnas para a localización de pegadas, vestixios de accidentes, puntos de conflicto en colisións, atropelos, examen de vehículos, etc


Xulio Calviño recordou a renovación que xa se empezou a facer a cargo dos orzamentos de 2008 cando meses atrás entraron en funcionamento un coche patrulla, un coche camuflado para investigación e 6 scootters. A actual flota de vehículos da Policía Local consta de 36 vehículos de dúas rodas (motocicletas) e 26 vehículos de catro rodas, dos que 22 son turismos, 3 son furgóns e un todoterreo. Os vehículos máis antigos son tres que datan do ano 1992, teñen polo tanto, 17 anos; 1 do ano 1994; 10 do ano 1997 e outros 10 do 1999.

Calviño adiantou tamén que o departamento de Patrimonio está a tramitar a adquisión, mediante sistema renting de 17 vehiculos patrulla, 2 furgóns e 3 todoterreo, disponse de 241.800 € no orzamento de 2009

1245764051atestados1.JPG
1245764069atestados2.JPG
Descargar todas as imaxes