Escoitar

O espazo Proxecta do Punto Xove proxectará o vindeiro xoves a curta "La segunda estrella a la derecha"

No espazo adicado a mostra de material audiovisual da mocidade viguesa, o espazo Proxecta do Punto Xove da Concellería de Xuventude de Vigo acollerá o vindeiro xovés, 25 de xuño ás 18.30 horas, a proxección da curtametraxe "La segunda estrella a la derecha". Trátase da segunda proposta de Alicia Francés, que neste caso vén precedida dun traballo formativo, centrado no desenvolvemento dun curso sobre técnica cinematográfica e outro de interpretación

martes, 23 xuñ 2009
" La segunda estrella a la derecha" narra a historia de Juan, un rapaz de 16 anos, despreocupado e infantil, que vai a clase un día calqueira, pero no seu regreso, observa con estraneza como a realidade cada vez é menos comprensible para él. Diversos encontros e situacións sorprentedentes obrigan ao protagonista a constatar que quizá non ten seguido os mesmos pasos que os seus compañeiros de clase, senón que ten transitado un camiño distinto. Ademais do apoio da Concellería de Cultura, Alicia Francés tamén contou co impulso da Asociación Xuvenil Abertal para desenvolver os seus proxectos e na transformación dunha aventura artística en experiencia educativa.