A Fundación Vigo Convention Bureau iniciará en setembro a promoción turística da cidade
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este mércores que a primeira fase de accións de promocións do turismo de Vigo que levará a cabo a Fundación Convention Bureau comezará en setembro. Ademais, o nacionalista salientou que o inicio da actividade desta institución se levará a cabo tras a elaboración do primeiro Plano Estratéxico 2009-2010, a sinatura da acta fundacional e a aprobación definitiva dos seus estatutos na sesión plenaria do vindeiro luns.
"Foi un trámite complicado, pero por fin terá lugar a aprobación definitiva dos estatutos e daremos paso a algo prioritario dende que chegamos á Concellería de Turismo", destacou Santi Domínguez. Segundo o nacionalista, a Fundación Vigo Convention Bureau é o instrumento que a cidade necesita "se queremos lanzarnos na carreira do que ten que ser unha cidade turística na aposta pola desestacionalización do turismo". Neste sentido, lembrou que outras cidades con menos poboación que Vigo e menor portencial turístico xa contan con el.
Santi Domínguez indicou que, ademais, a creación deste ente é unha das condicións necesarias para poñer en marcha o Plan de Competitividade Turística. "Poñémonos en marcha para optar ás vantaxes da fundación, que ten como obxectivo a promoción de Vigo como cidade na que se celebren congresos, viaxes de incentivos e simposions", subliñou o nacionalista. Ao respecto destacou que Vigo ten capacidade de albergar estes eventos posto que conta cun recinto como o IFEVI "que cumpre calquera tipo de condicións das que obriga a Spain Convention Bureau".
Como "datos significativos" facilitados polo Spain Convention Bureau, o tenente de alcalde citou que no ano 2008 este organismo promocionou máis de 3.000 congresos, que contaron cunha asistencia de máis de 1.100.000 persoas; e arredor de 7.000 convencións, cunha asistencia supersior ao millón de participantes. Asemade, indicou que a duración media da estancia foi de 2,42 días, o gasto medio de 300 euros por persoa e que o 95% dos asistentes se aloxaron en establecementos hoteleiros da propia cidade.
"Estar nesta rede permitirá ter a posibilidades reais para impulsar o sector turístico da cidade", asegurou o tenente de alcalde, así como a desestacionalización do sector, "algo polo que loitamos dende hai tempo coa celebración de distintas actividades deportivas e culturais". Como mostra da desestacionalización do sector turístico sinalou que de todos os eventos promocionados polo Spain Convention Bureau, só o 0,68% tiveron lugar en agosto, o 3,61% en xullo e arredor do 10% en xuño.
Ademais da captación de congresos, crear conciencia pública da importancia do turismo e contar cun instrumento áxil para a potenciación do sector, Santi Domínguez salientou tamén que outro dos obxectivos da Fundation Vigo Convention Bureau consiste na "coordinación de acción turísticas´en colaboración coa Cámara de Comercio e os distintos Colexios Oficiais. Indicou que en principio este organismo está formado por seis socios fundadores, o Concello, a Universidade, Caixanova, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Cámara de Comercio e o IFEVI, "pero esperamos que o novo goberno da Xunta manteña o compromiso da anterior Dirección Xeral de Turismo para formar parte deste organismo", indicou ao respecto.
Santi Domínguez sinalou que, nun futuro, a fundación contará tamén con socios privados, como as distintas federacións de hostelería, as axencias de viaxes, restaurantes, e as empresas de persoal para congresos, entre outros. Indicou tamén que traballará en coordinación coas axencias de comunicación para promocionar os eventos e co sector do transporte.
Descargar todas as imaxes