O alcalde ensalza o "referente" do naval vigués na apertura do 48 Congreso de Inxeñería Naval e Industria Marítima
Abel Caballero presidiu este xoves a apertura do Congreso que reúne a uns 150 expertos do sector na cidade durante dous días baixo o lema "Industria Naval Española: Actuacións para gañar o futuro". O alcalde agradeceu a elección de Vigo para a celebración do evento, cidade "referente pola súa industria naval", e fixo un chamamento á finalización do conflicto laboral do metal. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este xoves a inauguración do 48º Congreso de Inxeñería Naval e Industria Marítima, organizada en Vigo pola Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, que reúne na cidade a uns 150 expertos durante os próximos dous días.
O rexedor agradeceu a elección de Vigo para a celebración do evento, que en edicións anteriores visitou cidades como Sevilla, Palma de Mallorca ou Madrid. Abel Caballero eloxiou á industria naval viguesa que sitúa á urbe como "referente" no Estado español, industria que significa "coñecemento, innovación e progreso".
O alcalde fixo un chamamento á finalización do conflicto laboral do metal de Pontevedra indicando que "a economía da cidade reclama un acordo", pois todo Vigo é un "clamor" para "volver á normalidade". Abel Caballero instou ás partes a rematar "en horas" co paro no metal.
"Como alcalde quero insistir na mesaxe que hoxe quero lanzar; é imprescindible que se acade un acordo de forma inmediata, queremos volver á normalidade porque o obxectivo da nosa cidade é producir coa mellor calidade, co mellor empeño para competir e gañar", concluíu o rexedor.
Abel Caballero referiuse igualmente as oportunidades que supón os periodos de crise como o actual para os plans de futuro. "Fomos capaces de facerlle fronte a varias crises e esta será tamén superada", explicou o alcalde, grazas aos "empresarios audaces e traballadores comprometidos" de Vigo e a que hoxe en día, por volume de pedidos, "estamos ben situados" no naval vigués en comparación con outras urbes para afrontar esta situación económica internacional.
Xunto ao alcalde participaron na apertura do Congreso o Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro -en representación do Ministerio de Medioambiente-; o Diretor Xeral de Industria, Jesús Candil; e o Diretor Xeral da Marina Mercante, Felipe Martínez, entre outras autoridades.
Descargar todas as imaxes