martes, 18 feb 2025
O alcalde inaugurou este martes na Casa das Artes a mostra antolóxica “Silencio Roto” do pintor e restaurador Francisco Torrón . “A exposición, que permanecerá aberta ata o 20 de abril, combina unha forma excepcional de entender a pintura e a arte” e a continuidade da saga da familia Torrón co comisariado dirixido polo neto do artista, destacou Abel Caballero.
martes, 18 feb 2025
O alcalde anunciou hoxe a adxudicación do servizo de apoio técnico para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Bouzas, que contempla un investimento de 2 millóns de euros “para potenciar toda a zona e a afluencia turística”. Caballero explicou que se trata do “paso que nos quedaba por dar e xa está feito”.
martes, 18 feb 2025
O alcalde e a concelleira de Educación saudaron este martes, no salón de Plenos do Concello, as 49 alumnas e alumnos de sexto de Primaria do CEIP Seis do Nadal que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello". Abel Caballero explicou aos escolares o funcionamento da Casa Consistorial e a transcendencia das decisións municipais no desenvolvemento da cidade. O estudantado percorre as dependencias dos distintos servizos municipais para coñecer o seu funcionamento. O programa achega a actividade municipal a máis de 2.500 escolares da cidade.
martes, 18 feb 2025
O Concello abre a axenda do mes de marzo para realizar unha visita guiada ao Pazo da Raposeira, segundo anunciou hoxe o alcalde ao constatar o “éxito excepcional” da afluencia de visitantes ao histórico edificio desde a súa apertura este mes.
venres, 14 feb 2025
O Concello súmase mañá, 15 de febreiro, á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro Infantil coa iluminación en dourado das fontes de Aragón e anima á cidadanía a participar no lazo solidario ás 9:45h na Gran Vía fronte ao Corte Inglés en colaboración con ASANOG. A xornada ten como obxectivo sensibilizar sobre a importancia dos desafíos aos que se enfrontan os nenos, adolescentes e as súas familias. Instarouse en Luxemburgo, en 2001, para concienciar á poboación sobre esta enfermidade, diagnosticar a tempo e ter tratamentos efectivos.
venres, 14 feb 2025
A Festa da Brincadeira de Bouzas crece. Este ano contará con 150 postos de gastronomía máis actividades culturais, e con máis espazo ao estenderse á contorna do adro da Igrexa e do paseo marítimo. “Estableceuse como unha das grandes festas de Vigo e de Galicia”, afirmou este venres o alcalde ao presentar o programa da “gran romaría” urbana que terá lugar a fin de semana do 9 ao 11 de maio.
venres, 14 feb 2025
O alcalde inaugurou este venres a exposición "Seis cabezas", do artista Alejandro Fortes, que permanecerá aberta na sede da Fundación Laxeiro ata o 18 de maio. A mostra, elaborada con residuos recollidos na rúa para ser transformados en arte, chama á reflexión "sobre a sociedade na que vivimos", apuntou Abel Caballero, ao animar á cidadanía a contemplar a mostra.
venres, 14 feb 2025
O goberno municipal aproba o XI Programa municipal de pintado de murais, cun orzamento de 450.000 euros, co que “Vigo cidade de cor” suma xa máis de 190 obras de arte na rúa.
venres, 14 feb 2025
“Queremos fortalecer o diálogo cultural transfronteirizo, o diálogo entre todo o sur de Galicia, centrado en Vigo, e a raia que segue ata Lisboa, avanza Abel Caballero.
xoves, 13 feb 2025
Abel Caballero viaxou hoxe a Barcelona onde mantivo encontros co alcalde da Cidade Condal, Jaume Collboni así como co president da Generalitat, Salvador Illa. Durante estas reunións abordáronse temas tan importantes como a vivenda, o turismo ou a financiamento local. O alcalde de Vigo estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva; pola concelleira de Seguridade, Contratación, Festas e Xestión, Patricia Rodríguez; así como polo delegado da Zona Franca, David Regades.