Escoitar

As fontes de Aragón ilumínanse de verde polo Alzheimer

Este domingo, 21 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Alzheimer que este ano ten como lema "Igualando Dereitos" para reivindicar que os dereitos das persoas afectadas por esta enfermidade e por outras demencias sexan tidos en conta e sexan iguais que os que xa se lle recoñecen a outros colectivos. O Concello súmase á xornada iluminado de verde as fontes da rúa Aragón.

venres, 19 set 2025
Descargar todas as imaxes