Vigo, única cidade galega elixida pola Universidade Internacional de la Rioja para un estudo sobre soidade non desexada
As iniciativas impulsadas polo Concello de Vigo para afrontar a soidade non desexada determinaron á UNIR a elixir á cidade para desenvolver unha ferramenta que sirva para detectar a situación entre as persoas maiores, así como un protocolo de actuación a aplicar polos servizos sociais, segundo avanzou este venres Abel Caballero.

O alcalde explicou hoxe que a UNIR seleccionou únicamente a Vigo entre as grandes cidades de Galicia para desenvolver unha investigación sobre a soidade non desexada nos ámbitos urbano e rural pola atención e calidade das iniciativas desenvolvidas polo Concello para afrontar esta situación. O rexedor indicou que o proxecto está financiado de forma íntegra por esta universidade.
“Vigo está a demostrar como os nosos proxectos teñen tal calidade que estáN a ser obxecto de estudo polas universidades de España”, salientou.