A Orquestra Clásica de Vigo programa 9 concertos na nova tempada
A primeira das actuacións será “Beethoven: en do menor” o venres 24 de outubro no teatro Afundación. O alcalde que participou na presentación xunto á dirección da Orquestra e os edís de Cultura, Gorka Gómez, e de Turismo, María Lago, felicitounos polo seu traballo cara á tempada 2025-2026

A cidade poderá gozar de 9 concertos e 3 conferencias na nova tempada organizada pola Orquestra Clásica de Vigo. Abel Caballero presentou xunto a Manuel Martínez Torres, encargado do deseño da programación, e Manuel Martínez Álvarez – Nava, director artístico, o ciclo que dará comezo o venres 24 de outubro ás 20:30 horas no teatro Afundación.
Caballero felicitou á dirección polo seu traballo, “porque hay persoas que se inician convosco e rematan sendo grandes artistas e tamén estamos os que gozamos dos concertos e sentímolo como algo excepcional”.
As conferencias serán na EMAO e correrán a cargo de Aleksander Kolkowski para abordar a historia do rexistro sonoro de comezos do século XX, Julio Gómez remitirase aos traballos no campo fonético ata as orixes da música grabada e ponencia de Miguel Fernández tratará sobre a vibración e o son.
Tempada 2025-2026
- “Beethoven: en do menor” no teatro Afundación o venres 24 de outubro ás 20:30 horas
- Concerto extraordinario de Nadal no teatro Afundación o martes 30 de decembro ás 20:30 horas
- Concerto Benéfico de Reis no teatro Salesianos o 3 de xaneiro ás 12:30 horas
- “Cine orquestrado: a noite dos mortos ao vivo” no teatro Salesianos o 28 de febreiro ás 20:30 horas
- “Violíns con bucinas – Os instrumentos da corda “Stroh”” no auditorio do MARCO o sábado 21 de marzo ás 20:30 horas
- “Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luis XV” na Basílica de Santa María de Vigo o sábado 11 de abril ás 21 horas
- “Humanless: cuarteto para resonadores” na igrexa de Santa María de Castrelos o sábado 18 de abril ás 20 horas
- “Mozart: Réquiem” no teatro Afundación o sábado 16 de maio ás 20:30 horas
- Día Europeo da Música na Basílica de Santa María o 21 de xuño ás 13:00 horas