xoves, 18 set 2025
O maior buque da historia da Garda Civil, que leva o nome do fundador deste Corpo, foi construído en Vigo por Astilleros Armón, cun investimento de 35 millóns de euros. No acto de entrega e posta en funcionamento, celebrado nas instalacións do estaleiro, estivo presente o alcalde, o delegado do Goberno en Galicia e o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, quen puxo en valor a función “multipropósito” que cumprirá o buque desde a vixilancia de fronteiras ata operacións humanitarias ou protección do medio ambiente.
xoves, 18 set 2025
O ascensor do programa municipal Vigo Vertical foi seleccionado pola Asociación Internacional de Pontes e Enxeñería Estrutural xunto a finalistas como a Nuova Torre Piloti de Italia ou The Canopy no Reino Unido.
xoves, 18 set 2025
O Congreso Internacional que organiza Zona Franca contará coa presenza dunha vintena de líderes internacionais na súa segunda edición, presentada este xoves, e que converterá a Vigo en foco internacional do debate económico e social.
xoves, 18 set 2025
A concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e o director xeral de Vegalsa-Eroski renovaron este xoves o convenio de colaboración para desenvolver o programa de ocio saudable.
xoves, 18 set 2025
O Concello aprobou esta semana 44 axudas de emerxencia por importe de 15.000 euros.
xoves, 18 set 2025
O Concello de Vigo súmase, este sábado 20 e o domingo 21, á Semana Europea da Mobilidade coa proposta de catro viaxes gratuítas no bus turístico para todos os titulares da tarxeta PassVigo, previa reserva en liña na plataforma Woutick!.