Os Reis Magos traerán a Vigo “maxia e fantasía”
Abel Caballero anuncia que a cidade volverá a contar unha edición máis coa versión estática e a dinámica da Cabalgata.

“Xa estamos coa Cabalgata de Reis”, explicou o alcalde da cidade na mañá deste mércores, sinalando que nos vindeiros días a Xunta de Goberno Local aprobará “a licitación para o deseño e a produción das carrozas cun importe de 109.665 euros”. A temática desta edición será “Maxia e fantasía”.
Caballero desvelou que Vigo contará “cunha cabalgata estática e outra en movemento como é a tradicional”. Tamén confirmou que a estática volverá a realizarse pola mañá e estará ubicada “na Avenida Castelao, en Coia”, dende onde partirá pola tarde a dinámica”. “Cremos que vai ser a mellor Cabalgata de Reis do mundo”, tras a que as Súas Maxestades de Oriente “quedarán na cidade”.