luns, 15 set 2025
O alcalde asistiu este luns á saída de 56 alumnos e alumnas de nove centros docentes de Vigo que durante tres semanas permanecerán na localidade inglesa de Exmouth para aprender inglés. O alumnado mellorará a súa aprendizaxe do idioma e o coñecemento da cultura británica nos centros West Exe School, The King's School Ottery Saint Mary e en Saint Luk'é Church of England School. O Concello bolsa a máis de 1.000 rapaces e rapazas de 4º da ESO para que aprendan inglés no Reino Unido e Irlanda, dentro do programa "Vigo en Inglés". “Son recursos de Vigo ben investidos”, explicou a rexedor aos pais que acompañaron aos seus fillos á saída do voo dende Peinador. O goberno local dedica 3,3 millóns de euros cada ano ao programa.
luns, 15 set 2025
Os hoteis de Vigo rexistraron esta fin de semana unha ocupación do 83,93 por cento. “Seguimos batendo récords de ocupación hostaleira e sendo unha gran potencia turística”, afirmou hoxe o alcalde ao destacar que estes datos súmanse aos rexistrados na primeira semana de setembro co 80 por cento de ocupación e ao 90 por cento da media de agosto.
luns, 15 set 2025
Abel Caballero e o Embaixador do Perú en España, Luis Iberico Núñez, realizaron este luns unha ofrenda floral ante o monumento do Contraalmirante Casto Méndez Núñez na Alameda da Praza de Compostela. No acto estiveron presentes a Ministra Conselleira da Embaixada do Perú, Elfy Rojas Valdez, e o Capitán de Navío Juan José Roncagliolo Gómez, ao mando do BAP Unión, o segundo buque escola máis grande do mundo, que estes días puido visitarse no Porto de Vigo.