O alcalde participa na ofrenda floral a Méndez Núñez
Abel Caballero e o Embaixador do Perú en España, Luis Iberico Núñez, realizaron este luns unha ofrenda floral ante o monumento do Contraalmirante Casto Méndez Núñez na Alameda da Praza de Compostela. No acto estiveron presentes a Ministra Conselleira da Embaixada do Perú, Elfy Rojas Valdez, e o Capitán de Navío Juan José Roncagliolo Gómez, ao mando do BAP Unión, o segundo buque escola máis grande do mundo, que estes días puido visitarse no Porto de Vigo.



