O Concello presenta a programación municipal de educación medioambiental para o outono de 2025
O Concello de Vigo presenta a Programación de educación medioambiental Camiño a Camiño para o período setembro-outubro 2025, no que se combina percorridos medioambientais, con hortas urbanas, voluntariado medioambiental e cursos de formación.

No apartado de percorridos medioambientais está previsto realizar dous bloques de actividade: percorridos por contornas naturais singulares (5 rutas) e Paseos saudables pola Senda Azul do Río Lagares (3 andainas e paseos abertos). Ademais, proseguen as actividades de hortas urbanas e de voluntariado medioambiental, abríndose a inscrición para os cursos que dan acceso ás mesmas: curso de iniciación ao voluntariado (24 setembro, 16:30 en Vigonature) e curso básico de hortas (23, 24 e 25 de setembro, 16:30 nas propias hortas). A inscrición aos cursos terá lugar no 010 nas datas previas aos mesmos.
Percorridos ambientais por contornas naturais singulares
Nesta edición destaca a serie de percorridos arredor de entornos naturais singulares a carón da Depresión Meridiana no tramo sur, pola que circulan as principais vías de comunicación de Galicia (N-550, autopista AP9 e tramos do eixo atlántico de alta velocidade) e que foi empregada polos romanos para a via XIX do itinerario Antonino e actualmente circula o Camiño portugués. Particularmente realizaranse catro rutas para coñecer as características da depresión dende a perspectiva xeolóxica, medioambiental e de interacción humana, así como diversas curiosidades históricas.
A primeira, o día 28 de setembro, denominada “Fervenza do río Barosa” en Barro, circula sobre a propia depresión e permitirá achegarse a un tramo da vía romana XIX por onde circula o Camiño portugués. As tres seguintes rutas abordarán a panorámica da depresión dende montes circundantes: Monte Castrove en Meis (5 outubro), A Fracha en Pontevedra (12 outubro) e o Monte Galleiro en Mos (19 outubro).
A serie desta tempada remata o 26 de outubro e percorrerá a ruta do Río Barxa, afluente do Río Lagares, circulando polo tramo acondicionado polo Concello de Vigo.
Paseos saudables pola Senda Azul do Río
O Concello presenta a Programación de actividades de vida saudable a desenvolver no tramo alto da Senda Azul do Río Lagares entre os meses de setembro e outubro de 2025. O obxectivo é dar a coñecer este recurso de actividade física para realizar por parte de distintos grupos de poboación aproveitando a infraestrutura inaugurada a finais de 2024 e que presenta un entorno encautivador.
As actividades previstas están pensadas para persoas adultas interesadas en participar nunha actividade aberta (mércores e venres de outubro, as 16h no Mercado de Cabral) así como con diversos colectivos ou asociacións que queiran coñecer as potencialidades do tramo alto da Senda Azul do Río Lagares. Máis información en 010.
Nesta edición, ademáis, están previstas tres andainas os sábados 27 de setembro (Mercado de Cabral-Desembocadura), 4 de outubro (Mercado de Cabral-Castrelos) e 11 de outubro (Mercado de Cabral-Avda de Madrid-Mercado de Cabral). A inscrición será no 010 durante a semana previa ata completar 100 prazas. Nas dúas primeiras andainas a volta realízase en autobús ata o punto de inicio.
Hortas urbanas e voluntariado medioambiental
Ademais dos percorridos medioambientais, no programa están incorporadas as hortas urbanas, con máis de 300 participantes, así como os voluntarios e voluntarias que todas as semanas actúan nos sendeiros locais e no Monte da Guía e fan acompañamento de cans na Caneira municipal. Estes programas seguen a súa dinámica ata finais de outubro.
Están previsto realizar cursos de incorporación ás hortas urbanas os días 23, 24 e 25 de setembro, en horario de horario de 16:30 en diante, nas hortas de Navia, Fontáns e Pedro Alvarado.
O mércores 24 de setembro, de 16:30 a 18:30, terá lugar nas instalacións de Vigo Nature o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental, que é o que habilita para poder participar nas accións programadas pola Concellería de Medio Ambiente.
A inscrición nos cursos pódese realizar no 010 (986 81 02 60 para móbiles) ata o luns previo á actividade.
As actividades de hortas realízanse en Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Ramón Nieto, Sardomela e Camelias. En total están dispoñibles 13.000 m2 de superficie para esta actividade.
As actividades de voluntariado consisten en labores de recuperación do Monte da Guía e de mantemento dos sendeiros locais, realizando entre outras labouras a erradicación de acacia negra e eucalipto en zonas de interese público, limpeza de espazos protexidos, así como labouras de mantemento e limpeza dos sendeiros locais. Estas labouras realízanse sábados pola mañá, así como martes e xoves pola tarde.
Proseguirase tamén co paseo dos cans do Refuxio de animais abandonados de Vigo, que se realiza todos os mércores e sábados pola mañá.
Máis información
Toda a información relativa ao programa e aos detalles do mesmo atópase na web municipal e en caminoacaminovigo.org.
O proceso de inscrición realizase a través do 010 (986810260 se se chama dende móbil).



