Escoitar

O Concello programa máis viaxes pola ría e retoma os Bailes en Vigo

O goberno local segue a desenvolver o programa “Vigo, cidade amiga dos maiores” con máis viaxes pola ría tra lo éxito do verán cunha ocupación completa das 2.600 prazas. Caballero tamén avanzou a nova temporada dos Bailes en Vigo que comezarán o 11 de outubro en Sárdoma.

xoves, 11 set 2025

Caballero destacou a gratuidade do programa de envellecemento activo do Concello. O alcalde cualificou de “éxito” a rutas pola ría e anunciou que haberá 800 novas prazas no mes de setembro.

Segundo explicou, haberá dous barcos diarios, con saídas ás 10:15 e 12:15 horas. A navegación ao bordo do Nautilus está preparado para a interpretación do medio mariño e con monitores especializados a bordo para a explicación.

Bailes en Vigo

Outra das actividades que marcaron o ritmo a temporada pasada foron os Bailes en Vigo polas diferentes asociacións de veciñas e veciños. Caballero anunciou unha nova edición que comezará o 11 de outubro en Sárdoma.

O Concello considera que os bailes son unha oferta de ocio durante a fin de semana e tamén favorecen un estilo de vida saudable.

As datas sinaladas no calendario son as seguintes:

  • 11 de octubre, Sárdoma
  • 25 de octubre, San Miguel de Oia
  • 8 de noviembre, Lavadores
  • 22 de noviembre, Becerreira-Cabral
  • 13 de diciembre, Beade
Descargar todas as imaxes