O alcalde visita a Escola Municipal de Santa Cristina de Lavadores
As nove escolas infantís municipais iniciaron o novo curso o pasado 4 de setembro con 350 nenas e nenos matriculados e a “gratuidade total” no docencia e no servizo de comedor.

Abel Caballero achegouse este martes ás instalacións da Escola Municipal de Santa Cristina de Lavadores, un dos nove centros nos que o Concello presta atención educativa a nenas e nenos de entre 0 e 3 anos cunha “dedicación magnífica e unha elevadísima calidade”, apuntou.
O curso nas 9 escolas infantís municipais comezou o xoves 4 de setembro con 350 alumnos matriculados. O Concello dedica case 2,5 millóns de euros á prestación deste servizo ofrecendo “gratuidade total na docencia e no servizo de comedor”. Ademais da matrícula a custo cero, as escolas infantís municipais ofrecen gratis os servizos de comedor, atención educativa e orientación cun equipo de atención temperá e cun gabinete psicopedagóxico.

