Abel Caballero presenza o Pleno do Parlamento de Galicia
Na matinal de hoxe deu comezo o inicio do novo ciclo político na cámara de representación autonómica de Galicia, cun debate centrado na xestión da vaga incendiaria que sufriu o noso territorio. O alcalde desprazouse ata Santiago de Compostela, sede do Parlamento, para presenzar o debate no que se lle esixiu a dimisión ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.



