A cidade alcanza o 80% de ocupación hoteleira na primeira fin de semana de setembro
Abel Caballero afirmou que “se ve na rúa a enorme cantidade de visitantes que percorren Vigo, xerando unha enorme actividade económica”.

“Seguimos batendo récords de turismo”, sinalou Caballero, explicando que a cidade alcanzou o 80% de ocupación hoteleira na primeira fin de semana de setembro que estivo marcada pola "festa do mexilón, a do marisco e na que estivo en Vigo o evento The Champions Burger”, destacou.
Recordou que o turismo en Vigo segue crecendo e no pasado mes de agosto a ocupación hoteleira foi dun 90%, sete puntos porcentuais máis que o ano pasado. A estancia media dos hoteis foi de 2,32 días.