Escoitar

O Concello ofrece máis de 5.000 prazas en actividades para persoas maiores

O programa “Vigo, cidade amiga dos maiores” suma novos obradoiros de inverno e os cursos en novas tecnoloxías.

martes, 9 set 2025
Arquivo
Arquivo

O alcalde anunciou o inicio das actividades do programa Vigo, cidade amiga dos maiores, que promove a vida activa. 

Segundo explicou, nos obradoiros anuais haberá pilates, baile, canto, memoria, ximnasia, teatro e moitas máis opcións para participar. Tamén se organizarán de novo os cursos de novas tecnoloxías para maiores de 65 anos, onde aprenden de xeito práctico xestións administrativas, manexo no ámbito das redes sociais, comunicación coas familias, banca electrónica, etc.

 

Descargar todas as imaxes