Escoitar

O Concello construirá 27 vivendas de protección nunha parcela municipal de Tomás Alonso

A Empresa Municipal de vivenda estrearase coa xestión de 27 vivendas de protección en Tomás Alonso. O Concello construirá nunha parcela municipal un edificio de 9 alturas cun orzamento superior aos 7 millóns.

venres, 5 set 2025

O alcalde anunciou que o Concello contratará a obra para construír nunha parcela municipal de Tomás Alonso un edificio de 27 vivendas sometidas a algún tipo de protección oficial. O goberno local asumirá a construción deste edificio logo de modificar o proxecto atendendo á suba dos custos da execución.

O proxecto contempla un edificio de 9 alturas, aparcamentos e rochos e un orzamento de 7,2 millóns de euros. Trátase do primeiro edificio que se xestionará coa Empresa Municipal de Vivenda.

Tal e como detallou Caballero, esta iniciativa conta con 1,2 millóns procedentes de fondos europeos dentro do Programa de axudas á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de Recuperación NextGenerationEU. O explicou que o Concello está a suplir a inacción da Xunta “porque nos deben 5.000 vivendas”.

Teis

De xeito paralelo, na próxima Xerencia de Urbanismo darase conta da tramitación do Plan Especial de ordenación no ámbito de Ventura González -Camiño de Gonderán – Rosal, en Teis, preto ás vivendas de Fenosa. Detallou que se trata dunha superficie de 38.629 m² edificables, dos que o 45% será de uso residencial e o 55% comercial. O 30% das vivendas estará sometido a algún tipo de protección oficial.

Esta actuación permitirá, ademais, mellorar os accesos ao colexio Frián, que ten unha diferencia de cota considerable coa rúa Aragón, explicou o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes