martes, 2 setembro 2025

Caballero participa na inauguración dunha mostra sobre os parques nacionais

martes, 2 set 2025

Organizada polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais e Afundación; co apoio do Concello e Grupo Tragsa; e realizada por Lunwerg, a mostra a pé de rúa «Parques Nacionais» revaloriza o traballo de conservación realizado nestas contornas e a súa importancia para o futuro da nosa biodiversidade. En total, reúne 93 impactantes imaxes, gañadoras ou finalistas do concurso nacional de fotografía FOTOPARQUES, que nos achegan a algúns dos lugares e detalles máis sorprendentes destes espazos naturais. A exposición poderase contemplar na rúa do Príncipe ata o próximo 30 de setembro.