Escoitar

A humanización de San Roque ascende a case 2 millóns e estará rematada en 10 meses

Continúa o proceso de humanizacións da cidade e nesta ocasión é a quenda de San Roque. Cun orzamento de preto 2 millóns e un prazo de execución de dez meses, a actuación inclúe a creación dunha nova praza na confluencia con Couto de San Honorato.

martes, 2 set 2025

Abel Caballero avanzou esta mañá que este mes de setembro comezarán as obras de humanización da rúa San Roque, entre Gregorio Espino e Reiseñor. Cun importe de case 2 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses, a actuación comprende os tramos da rúa San Roque e Couto de San Honorato, situados entre Gregorio Espino e as rúas Colombia e Reiseñor.

O rexedor explicou que se mellorarán 247 metros aumentando a calidade dos espazos dos peóns, asegurando a seguridade da circulación e renovando as redes de servizos. Crearase unha praza nova entre as rúas San Roque e Couto de San Honorato, formando un graderío que envolve a zona verde.

O proxecto contempla o aumento do ancho das beirarrúas, mantén un sentido único de circulación, reserva aparcamento entre a rúa Talude e a Avenida de Gregorio Espino e prevé a renovación de mobiliario urbano, redes de abastecemento, saneamento e alumeado.

Descargar todas as imaxes